Termos e condicións de contratación
1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas condicións xenerais de contratación (as “Condicións”) regulan a contratación, a través do sitio web gce-onboarding.kidsandus.com (o “Sitio Web”), do dereito a obter a certificación oficial do nivel de inglés do candidato, expedida por TRINITY COLLEGE LONDON (número de sociedade 02683033; entidades benéficas rexistradas n.º 1014792 (Inglaterra e Gales) e SC049143 (Escocia)), (“Trinity”), unha vez superado o exame oficial da certificación «Global Communication in English Examinations» expedido por Trinity, impartido e avaliado por Kids&Us no marco da súa formación, conforme á equivalencia de niveis establecida por Trinity e Kids&Us (o “Exame”).
O servizo de xestión de expedición de certificación «Global Communication in English Examinations» en formato dixital é ofertado e comercializado directamente por KIDS&US ENGLISH, S.L., con CIF B-64622087 e domicilio social en Avinguda Tudela, 12, 08242 Manresa, Barcelona (“Kids&Us”), na súa condición de “Validated Course and Assessment Provider 76175” (provedor de curso e avaliación número 76175 validado por Trinity), no marco da relación contractual existente entre Kids&Us e Trinity.
Unicamente poderán optar á certificación os alumnos matriculados nun nivel con Exame nun centro Kids&Us, cuxas familias subscribiran o contrato de matrícula ou rematrícula do ano académico correspondente (os “Alumnos”).
2. ACEPTACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
2.1. Aos efectos destas Condicións, entenderase por "Usuario" a persoa física maior de idade que formaliza a contratación.
2.2. O proceso de contratación a través do Sitio Web desenvólvese mediante os seguintes trámites: (i) selección do nivel de Exame; (ii) verificación dos datos do Alumno precargados por Kids&Us no Sitio Web; e, (iii) cubrición do formulario de inscrición dos pais ou titores legais do Alumno; (iv) visualización do resumo da inscrición e do prezo aplicable; (v) lectura e aceptación expresa destas Condicións marcando a casa habilitada ao efecto; (vi) pulsación do botón "Proceder ao pago"; e (vii) pago do importe correspondente a través da pasarela de pago. Unha vez completado o procedemento, o Usuario recibirá a confirmación conforme á cláusula 2.4.
2.3. Con carácter previo á confirmación definitiva da inscrición, o Sitio Web mostra ao Usuario un resumo dos datos introducidos por este último, de modo que este poida identificar e corrixir os posibles erros na súa introdución antes de formalizar a contratación. Se tras a formalización da inscrición, o Usuario detecta un erro, poderá comunicalo a través de [email protected] para emendalo. Como os datos do Alumno non serían introducidos polo Usuario, senón precargados automaticamente polo sistema, non será posible modificalos. En caso de non ser correctos, o Usuario non deberá proceder coa contratación, senón que terá que comunicarse co seu centro Kids&Us de referencia para solicitar calquera modificación que fora pertinente.
2.4. Unha vez formalizada a inscrición, Kids&Us remitirá ao Usuario por correo electrónico a confirmación da contratación nun prazo máximo de 24 horas desde a formalización da inscrición. Este correo incluirá unha copia destas Condicións, sendo en todo caso as aplicables á súa contratación e sen prexuízo de calquera modificación posterior das mesmas, publicadas ou non en calquera páxina web de Kids&Us.
2.5. Kids&Us infórmalle de que arquiva os documentos electrónicos nos que quedan formalizadas as compras e que o Usuario poderá acceder aos mesmos a través dos medios de contacto indicados nas presentes Condicións.
2.6. O contrato poderá formalizarse nos idiomas de comunicación ofrecidos ás familias no Sitio web. O documento electrónico quedará arquivado no idioma en que se formalice, conforme a cláusula 2.5.
3. NATUREZA DO SERVIZO E RELACIÓN ENTRE AS PARTES
3.1. O Servizo consiste no dereito do candidato para obter a certificación oficial «Global Communication in English Examinations» correspondente ao seu nivel, sobre a base do resultado do Exame realizado no marco da súa formación en Kids&Us, e na xestión ante Trinity necesaria para expedir o certificado (“Certificado”).
3.2. Os seguintes niveis de Certificados poderán ser obtidos se o Servizo é contratado e o Alumno aproba o Exame ao finalizar o curso Kids&Us equivalente, segundo o indicado na seguinte táboa:
| Denominación Trinity | Nivel MCER | Curso Kids&Us |
|---|---|---|
| TCL Entry Level Certificate in Global Communication in English (Entry 1) | A1 | Ben&Brenda |
| TCL Entry Level Certificate in Global Communication in English (Entry 2) | A2 | Animal Planet 2 |
| TCL Entry Level Certificate in Global Communication in English (Entry 3) | B1 | Fairy Tales 2 |
| TCL Level 1 Certificate in Global Communication in English | B2 | Mysteries 2 |
| TCL Level 2 Certificate in Global Communication in English | C1 | The Future 2 |
| TCL Level 3 Certificate in Global Communication in English | C2 | Subscription 2 |
3.3. Este contrato formalízase exclusivamente entre o Usuario e Kids&Us.
Kids&Us actúa como ente franquiador do sistema e método pedagóxico Kids&Us, impartido nos centros Kids&Us onde está matriculado o Alumno, e, así mesmo, na súa condición de “Validated Course and Assessment Provider número 76175”, validado por Trinity para a impartición e avaliación dos Exames co fin de expedir a Certificación.
Trinity actúa exclusivamente como organismo acreditador e expedidor das certificacións correspondentes. Neste sentido, e de conformidade co establecido na política de privacidade, Trinity terá acceso aos datos privados dos alumnos que se inscriban e, polo tanto, sexan candidatos a obter a Certificación.
3.4. Co fin de protexer os intereses dos candidatos, Kids&Us poderá demorar a inscrición dun candidato cando, de forma razoable, e con base nos resultados do alumno ao longo do ano, poida considerarse que existe unha alta probabilidade de que non se supere o Exame de certificación. O anterior constitúe unha facultade e en ningún caso unha obrigación nin un deber.
3.5. Kids&Us poderá excluír do proceso de certificación a determinados centros ou países por razóns operativas ou legais. Cando o candidato pertenza a un centro ou país excluído, non poderá optar á Certificación. No caso de que se tivese procedido á inscrición con anterioridade á exclusión do centro do proceso de Certificación, Kids&Us informará o Usuario e procederá ao reembolso por perda de elixibilidade, de conformidade coa cláusula 8.2.
4. PROCESO DE INSCRICIÓN
A inscrición do Alumno deberá quedar formalizada dentro do prazo comunicado por Kids&Us para cada convocatoria e ano académico, de conformidade co expresado nas páxinas web ou documentos informativos correspondentes en cada momento e para cada Certificación e convocatoria.
5. PREZO, FORMA DE PAGO E SOLICITUDE DE FACTURAS
5.1. O prezo do Servizo será o publicado no Sitio web no momento de formalizar a inscrición, xunto cos impostos correspondentes no caso de que fosen aplicables. Kids&Us resérvase o dereito de efectuar no Sitio web, en calquera momento e sen aviso previo, as modificacións que considere oportunas, podendo actualizar ou modificar os prezos en calquera momento.
As ofertas e prezos publicados no Sitio web serán válidos mentres permanezan accesibles aos Usuarios, sen prexuízo das modificacións a que se refire o parágrafo anterior, que non afectarán as inscricións xa formalizadas.
5.2. O pago realizarase no momento da formalización mediante os medios habilitados na pasarela de pago (tarxeta de crédito e Bizum nos países onde estea dispoñible). O sistema aplica autenticación reforzada conforme a normativa europea de servizos de pago, xestionada directamente pola entidade bancaria a través do TPV Virtual. Devandita pasarela de pago actuará como responsable independente dos seus datos privados e trataraos para as súas propias finalidades, de conformidade coa política de privacidade da entidade bancaria.
5.3. Durante o proceso de contratación o Usuario poderá seleccionar a opción “Quero recibir factura” (ou redactado similar con mesma finalidade).
6. REALIZACIÓN DOS EXAMES
6.1. A realización do Exame obxecto da Certificación realizarase no marco dos servizos prestados polo centro Kids&Us de referencia do Alumno. A fixación do día e hora para a realización do devandito Exame será comunicada polo centro Kids&Us dentro da planificación habitual de cada curso. Sen prexuízo do anterior, e co único fin de asegurar que os candidatos poidan obter a Certificación, Kids&Us resérvase o dereito a que o Exame se realice nun lugar distinto do centro Kids&Us respecto do cal ten subscrito un contrato de matrícula. En tal caso, Kids&Us informará ó candidato do devandito cambio cunha antelación razoable á data fixada para o Exame.
6.2. A falta de aprobación do Exame de conformidade coa normativa de Kids&Us aplicable polo centro Kids&Us dará dereito ao Alumno para realizar unha nova proba de avaliación de nivel (o “Exame de Recuperación”) que o centro Kids&Us de referencia do Alumno ou Kids&Us convocará nun prazo máximo de 120 días desde a data de celebración do Exame. Kids&Us poderá determinar discrecionalmente o centro ou lugar de celebración do Exame de Recuperación, comunicándoo ao Alumno con antelación razoable.
6.3. Tanto a non comparecencia ao Exame ou ao Exame de Recuperación como a falta de aprobación do Exame e do Exame de Recuperación por parte do Alumno non darán dereito á devolución dos importes de inscrición abonados nin á súa utilización para outras convocatorias posteriores.
6.4. A expulsión das probas por conduta improcedente supón para o Alumno a perda dos dereitos de exame para a convocatoria en curso. O Alumno quedará excluído e sen dereito á cualificación do seu exame.
6.5. Se con motivo dunha xusta causa, Kids&Us non puidese entregar a certificación Trinity ao Alumno, comprométese a informar o Usuario e devolverlle os importes abonados polo Usuario no mesmo medio de pago.
6.6. Todos os candidatos terán dereito a presentar reclamacións e solicitudes de revisión das cualificacións asignadas ao Exame, de conformidade co documento “Global Communication in English Assessment Information”, dispoñible na web de Kids&Us. Kids&Us tramitará as reclamacións e apelacións conforme ao devandito documento, sen prexuízo dos procedementos de revisión que Trinity teña establecidos para a Certificación.
7. EMISIÓN E ENTREGA DE CERTIFICADOS
7.1. Unha vez superado o Exame, Trinity expedirá o correspondente Certificado en formato dixital. Para a emisión do certificado impreso, o Usuario deberá contactar directamente con Trinity, quen lle comunicará a forma de tramitalo, o prezo e as condicións de entrega.
7.2. Kids&Us non garante a superación do Exame, cuxo resultado depende exclusivamente do desempeño do Alumno avaliado conforme os criterios establecidos por Kids&Us.
8. MODIFICACIÓNS, CANCELACIÓNS E ANULACIÓNS
8.1. O Usuario poderá solicitar a baixa da inscrición, con reembolso íntegro do importe abonado, ata o día 31 de xaneiro de cada ano. A solicitude dirixirase por correo electrónico a [email protected]. Unha vez verificada a baixa antes da finalización de dito prazo, Kids&Us reembolsará o importe polo mesmo medio de pago empregado, deixando constancia da operación.
8.2. Se, con posterioridade ao pago, o Alumno deixase de reunir os requisitos para optar á Certificación (entre outros, por cambio do Alumno a un nivel sen Exame ou por baixa como Alumno), o Alumno poderá solicitar a baixa da inscrición e Kids&Us reembolsará integramente o importe abonado polo mesmo medio de pago e informará o Usuario.
8.3. As solicitudes de baixa realizadas despois da data indicada na cláusula 8.1 ou os supostos de perda de elixibilidade realizadas con posterioridade á data límite de admisión de inscricións non darán dereito a reembolso, sen prexuízo do dereito de desistencia regulada na cláusula 9 e dos dereitos que legalmente asistan ao consumidor.
8.4. O Usuario declara que os datos facilitados no momento da inscrición son certos, exactos e completos. No caso de que devanditos datos non sexan correctos ou experimenten calquera variación, o Usuario deberá poñerse en contacto con Kids&Us, coa debida antelación á data límite de admisión de inscricións, a fin de que se proceda á súa modificación ou rectificación. A inscrición non quedará efectuada ata que se completase todo o proceso de inscrición no Sitio web e que o Usuario confirmase como correctos os datos do Alumno. O Usuario é consciente de que devanditos datos, en particular o nome e apelidos do Alumno, comunícanse a Trinity para xestionar a inscrición e, no seu caso, expedir o Certificado, polo que calquera inexactitude poderá impedir ou atrasar a súa emisión ou determinar a incorrección do documento expedido. Kids&Us e Trinity non asumirán responsabilidade nin gasto algún polas consecuencias derivadas da inexactitude, falta de actualización ou falsidade dos datos comunicados polo Usuario, incluída a eventual imposibilidade de tramitar a inscrición ou a Certificación, así como a incorrección da Certificación.
9. DEREITO DE DESISTENCIA
9.1. Para exercer o dereito de desistencia e de conformidade cos artigos 102 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios ("TRLGDCU"), o Usuario que teña a condición legal de consumidor disporá dun prazo de catorce (14) días naturais desde a formalización da inscrición para desistir do contrato, sen necesidade de xustificación e sen penalización algunha. A fin de facilitar o exercicio do dereito de desistencia, apórtase como Anexo I un modelo de formulario que deberá ser remitido á dirección [email protected]. En todo caso, o Usuario será libre de comunicar a desistencia sen utilizar dito formulario modelo, mediante declaración inequívoca.
9.2. En caso de desistencia por parte do Usuario, devolveránselle todos os importes que Kids&Us recibise por parte do Usuario, sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moi tarde 14 días naturais a partir da data na que o Usuario informou a Kids&Us da súa decisión de desistir do presente contrato. Kids&Us procederá a efectuar o devandito reembolso utilizando o mesmo medio de pago empregado polo Usuario para a transacción inicial, a non ser que o Usuario dispuxese expresamente o contrario; en todo caso, non incorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso.
10. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
10.1. As marcas, nomes comerciais, logotipos e demais signos distintivos de Trinity e de Kids&Us, así como os contidos do Sitio web e os materiais de exame (enunciados, probas, criterios de avaliación e calquera documentación asociada), están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial e corresponden en exclusiva aos seus respectivos titulares ou aos terceiros que autorizasen a súa inclusión.
10.2. Queda prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra forma de explotación, total ou parcial, dos devanditos materiais e signos sen autorización expresa e por escrito do seu titular. O incumprimento poderá dar lugar ao exercicio das accións legais que correspondan.
10.3. O contido dos Exames ten carácter confidencial. O Alumno e o Usuario obríganse a non reproducir, gravar, difundir nin divulgar por ningún medio o contido das probas, nin durante a súa celebración nin con posterioridade. O incumprimento desta obrigación poderá conlevar a anulación do Exame e da certificación, sen dereito a reembolso, sen prexuízo das responsabilidades legais que procedan.
11. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Os datos persoais vinculados á tramitación e xestión da certificación oficial do nivel de inglés do candidato, expedida por Trinity College London, trataranse de conformidade coa política de privacidade dispoñible aquí.
12. MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS
Kids&Us poderá modificar estas Condicións en calquera momento. As modificacións non se aplicarán ás inscricións xa formalizadas con anterioridade á súa publicación, salvo que resulten máis favorables para o Usuario ou a súa aplicación veña imposta por norma legal ou polos requisitos esixidos por Trinity.
13. RECLAMACIÓNS E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS
13.1. O Usuario poderá presentar as súas reclamacións a través de [email protected].
13.2. Kids&Us non está adherida a ningunha entidade de resolución alternativa de litixios de consumo. O Usuario pode consultar o listado de entidades acreditadas na sede do Ministerio competente en materia de consumo en cada momento.
14. LEXISLACIÓN APLICABLE E FORO
14.1. Estas Condicións réxense pola lexislación española.
14.2. Sen prexuízo das normas imperativas de protección dos consumidores que resulten de aplicación, para lça resolución de calquera controversia derivada das presentes Condicións serán competentes os xulgados e tribunais do domicilio do Usuario cando este teña a condición de consumidor.
ANEXO I
MODELO DE FORMULARIO DE DESISTIMIENTO
A la atención de KIDS&US ENGLISH, S.L. (CIF B-64622087), con domicilio en Avinguda Tudela, 12, 08242 Manresa, Barcelona, y dirección de correo electrónico [email protected].
Por la presente le comunico que desisto de mi contrato relativo a la prestación del siguiente servicio: inscripción, impartición y/o evaluación del examen "Global Communication in English Examinations" de Trinity College London.
Nivel del examen contratado: _______________________________________Nombre del Alumno: _______________________________________Fecha de formalización de la inscripción: _______________________________________Nombre del usuario: _______________________________________Domicilio del usuario: _______________________________________Fecha: _______________________________________

